Ofrecemos toda a gama de produtos necesarios para a corrección de defectos visuais: miopía, hipermetropía, astigmatismo e presbicia (vista cansa).
Asesoramos e adaptamos as súas lentes de contacto, con corrección ou cosméticas (lentes de cores).
En lentes oftálmicas poñemos á súa disposición todo tipo de solucións, monofocales, bifocales e multifocales (progresivos) con todo tipo de tratamentos e filtros de calidade óptica contrastada. Para iso traballamos coas mellores marcas de lentes a nivel internacional.
Contamos cun taller propio de montaxe para todo tipo de monturas e marcas e así poder satisfacer ás persoas máis esixentes cun servizo post venda que garante os nosos produtos e servizos.
Dispoñemos dunha ampla gama de produtos para nenos e nenas, lentes para deportes, lentes de natación ou mergullo con corrección, monturas de protección, etc.