Visión XXI
Ópticas
Todo o que necesitas para a túa saúde ocular
Visión XXI
Ópticas
Proporcionámosche un trato agradable e familiar
Visión XXI
Ópticas
Solucións adaptadas ás necesidades
de cada paciente
Previous
Next

Visión XXI Ópticas

Todo o que necesitas para a túa saúde ocular.

Quen somos?

Somos un pequeno grupo de ópticas dedicada á prevención das anomalías oculares, ofrecendo solucións adaptadas ás necesidades de cada paciente.

En Visión XXI Ópticas dispoñemos de profesionais altamente cualificados que lle proporcionarán un trato agradable e familiar e informaranlle das diferentes solucións ao seu problema.

Se desexa contactar connosco, os nosos centros atópanse situados en Cuntis, Pontecesures e Vilanova de Arousa.

Ópticos-optometristas

Estamos ao servizo dos nosos pacientes para garantir unha óptima saúde visual.

Dispoñemos de profesionais da visión e das tecnoloxías máis avanzadas para proporcionarlle un bo exame visual, adaptando as probas ás súas necesidades visuais.

Todos os nosos centros contan cun óptico-optometrista titulado e debidamente colexiado.

Todo para a súa vista

Ofrecemos toda a gama de produtos necesarios para a corrección dos defectos visuais: miopía, hipermetropía e astigmatismo, ou o inicio da presbicia (vista cansa).

Previmos o glaucoma a través da medición da tensión ocular e informamos sobre a posibilidade da aparición de cataratas, asesorando sobre as medidas para tomar en cada caso.

Adaptamos lentes de contacto mantendo un seguimento do paciente con revisións periódicas evitando, deste xeito, a aparición de úlceras oculares.

Atención personalizada

Atención persoal e exclusiva. Un trato amable e unha especial predisposición a satisfacer os seus desexos.